¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnologías similares. Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso.
Cerrar
Sorteo de ceas románticas - San Valentín 2017
Rexistra a túa compra
Completa o siguiente formulario para participar no sorteo de 10 ceas románticas..
Bases do sorteo de San Valentín
O sorteo de San Valentín consiste en sortear 10 ceas románticas para dúas persoas.
Para participar neste sorteo e necesario rexistrar unha compra e para iso teranse que cubrir, no formulario de rexistro de compra, tódolos datos obrigatorios solicitados.
So se poderán rexistrar compras ou servizos realizados en calquera dos establecementos asociados a CCA Ourense Centro
Serán válidas para o rexistro, todas as compras ou servizos realizados entre o días 1 e o día 14 de febreiro, ambos incluídos.
Os rexistros das compras poderanse realizar ata o día 15 de febreiro de 2017.
Entre tódalas compras ou servizos rexistrados na aplicación, sortearanse 10 ceas románticas para dúas persoas.
As ceas realizaranse nos establecementos de restauración asociados ao CCA Ourense e asinarase tamén por sorteo, a cada afortunado, o establecemento no que poderá disfrutar de dita cea.
As ceas poderán ser disfrutadas ata o día 31 de marzo pero sempre baixo reserva e dispoñibilidade do establecemento.
As ceas románticas constarán de un menú cerrado previamente acordado entre a organización e o establecemento de restauración.
O sorteo realizarase mediante unha aplicación informática que permita identificar os 10 gañadores de xeito totalmente aleatorio así como tamén asignarlle o establecemento de restauración no que disfrutar da cea.
O sorteo realizarase o día 16 de febreiro as 11:00h e o resultado será comunicado os afortunados vía correo electrónico ou telefonicamente entre o día 16 e o día 20 de febreiro.
O premio terá que ser aceptado polo afortunado e este terá que recoller o cupón da Cea Romántica na oficina do CCA Ourense Centro (Parque San Lázaro, 12 5ª Planta)
Para aceptar e recoller o premio e imprescindible presentar o tícket de compra que utilizou para facer o rexistro da compra polo que resultou premiado.
A mera participación nesta campaña implica a aceptación plena de todas as bases e as condicións da mesma. O incumprimento dalgunha destas bases son a privación de tódolos dereitos que poderán derivarse da participación na campaña.
Os resultados da campaña poderán publicarse nos medios de comunicación de Ourense e nas redes sociais ou webs do CCA Ourense Centro. Polo tanto, a efectos de darlle publicidade os resultados da campaña, os gañadores dos premios, autorizan a publicación do seu nome ou fotografía nos citados medios.
Os premios, non poden ser canxeados por diñeiro en efectivo nin por outro servizo similar.
A efectos previstos na lei orgánica 15/1999 13 de decembro de protección de datos de carácter persoal, informamos que os datos solicitados serán incorporados ao ficheiro de clientes da Asociación de Comerciantes Empresarios e Profesionais do CCA de Ourense. O titular poderá acceder a esta información para rectificala, cancelala ou oporse a ela.
A Organización reservase o dereito de poder modificar total ou parcialmente estas condicións, así como suspender este sorteo ou campaña, sen incorrer en ningún tipo de responsabilidade.