¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnologías similares. Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Cerrar

Campaña de San Valentín 2019

Finalizada el 17/02/2019
Campaña de San Valentín 2019
CAMPAÑA FINALIZADA

Neste San Valentín namórate do Comercio Local

Neste San Valentín namórate do noso comercio, namórate no noso comercio, namórate de nos e non deixes de sorprender a túa parella con ese orixinal agasallo que poderás atopar nos nosos establecementos comerciais.

Xoiería, reloxería, complementos, roupa, deporte, calzado, degustacións gastronómicas, produtos delicatessen, libros, artigos de decoración, tratamentos de beleza ou mesmo unha viaxe poden ser o agasallo perfecto para esa persoa especial a que tanto queres e a que queres demostrar todo o teu afecto.

Aproveita estas datas e non esquezas visitar os nosos establecemento para realizar as túas compras.

Ademais, poderás vivir en Ourense Centro o San Valentín máis romántico. Entra en algún dos nosos establecementos e fai unha foto ou selfie romántico e envíanolo a info@ourensecca.com e participa no sorteo de San Valentín.

Anímate a pasear e comprar nas rúas de Ourense Centro o vindeiro xoves 14 de febreiro e déixate sorprender.

SORTEO SAN VALENTÍN.

BASES

  • Este será un sorteo que se realizara entre todos os participantes que enviaran unha foto ou selfie romántico realizado nun establecemento asociado a CCA Ourense Centro
  • As fotos ou selfies terán que enviarse a dirección de correo electrónico info@ourensecca.com
  • O prazo máximo para enviar as fotos será o día 17 de febreiro de 2019.
  • O sorteo realizarase o vindeiro día 18 de febreiro as 12:00h
  • O sorteo realizarase mediante un programa informático que de forma aleatoria seleccionará a os gañadores de estre todos os participantes.
  • Os regalos sorteados son:
    • 1 reloxo Swatch edición especial San Valentín
    • 5 ceas románticas para dúas persoas en algún dos nosos restaurantes asociados
    • 1 tarta especial San Valentín
  • Os resultados da campaña poderán publicarse nos medios de comunicación de Ourense e nas redes sociais ou webs do CCA Ourense Centro. Polo tanto, a efectos de darlle publicidade os resultados da campaña, os gañadores autorizan a publicación do seu Nome ou fotografía nos citados medios.
  • A mera participación nesta campaña implica a aceptación das bases da mesma.
  • O premios non poderán ser canxeados por diñeiro en efectivo nin por outro servizo similar

A organización reservase o dereito de poder modificar total ou parcialmente estas bases, así como suspender este sorteo ou campaña, sen incorrer en ningún tipo de responsabilidade.

 

Comentarios Noticia

Nadie ha publicado todavía ningún comentario. Sé el primero en publicarlo.

Deja tu comentario

Para enviar un comentario debes aceptar nuestra política de privacidad.

  • Responsable de los datos: Centro Comercial Aberto Ourense Centro
  • Gestión y moderación de comentarios.
  • Legitimación: Tu consentimiento expreso.
  • Destinatario: Centro Comercial Aberto Ourense Centro
  • Derechos: Tienes derecho al acceso, rectificación, supresión, limitación, portabilidad y olvido de sus datos.
Política de Privacidad