1. A campaña "AFORRA UN 3,3% EN COMBUSTIBLE" é unha actuación de dinamización promovida polo Centro Comercial Aberto de Ourense "Ourense Centro" en colaboración con Estaciones de Servicio Pérez Rumbao que consiste no sorteo dun depósito de combustible semanal e na distribución de vales de aforro de combustible entre os clientes dos establecementos asociados ao CCA Ourense Centro.
2. Esta campaña levarase a cabo a partir do día 4 de abril ata o 30 de xuño de 2011 nas Estacións de Servicio Pérez Rumbao de Ourense.
3. A dinámica do sorteo do depósito de combustible consistirá en elexir un boleto semanal de entre tódolos boletos cubertos e depositados nas urnas habilitadas en ditas estacións de servicio cada semana. Cada semana realizaráse un único sorteo no que participarán únicamente os boletos depositados dende o sorteo anterior (no caso do primeiro sorteo semanal serán os boletos depositados dende o inicio da campaña).
4. O premio consistirá nun suministro de combustible (diesel ou gasolina), a repostar nunha Estación de Servicio Pérez Rumbao de Ourense, por un importe máximo de 50 euros .
5. Neste sorteo poderán participar todas as persoas físicas que sexan maiores de idade no momento de realizalo sorteo.
6. Para participar no sorteo será necesario cubri-lo boleto entregado polos comerciantes asociados ao Centro Comercial Aberto Ourense Centro ao consumidor nos seus establecementos, e repostar a lo menos unha vez por un importe mínimo de 30 euros.
7. Serán considerados nulos para a participación no sorteo aqueles boletos en que non figure o nome do premiado, o seu teléfono.
8. Os sorteos semanais dun depósito de combustible realizaranse os días 8, 15 e 29 de abril; 6, 5, 13, 20 e 27 de maio e 3, 10, 17, 24 e 30 de xuño de 2011, data que pon fin a esta campaña.
9. Para realizar o sorteo esixirase un número mínimo de 50 boletos cada semana. En caso de que houbera menos, eses acumularíanse aos da semana seguinte e realizaríase o sorteo semanal cos boletos das dúas semanas.
10. No momento do sorteo, os venres as 12.00 horas na estación de servicio de calle Progreso nº 97, será extraído un boleto gañador e dous suplentes en presencia dun representante do Centro Comercial Aberto Ourense Centro e outro de Estaciones de Servicio Pérez Rumbao.
11. A persoa gañadora será notificada por teléfono entre as 12:00 e as 14:00 horas do mesmo día do sorteo, debendo aceptar ou rexeitar o premio no momento.
12. En caso de que sexa imposible localiza-lo gañador, ou este rexeite o premio, chamarase ó primeiro suplente, que deberá tamén rexeitar ou aceptar o premio no momento. Intentarase durante un máximo de 30 minutos contactar co nomeado suplente, e a continuación se fará o mesmo co segundo suplente.
13. O resultado da campaña anunciarase na páxina web do Centro Comercial Aberto Ourense Centro. Aos efectos de darlle publicidade aos resultados da campaña, o gañador do premio deberá autorizar a publicación do seu nome e a fotografía nos medios que a organización estime oportunos.
14. O premio outorgado polo Centro Comercial Aberto de Ourense e Estaciones de Servicio Pérez Rumbao consiste nun depósito de combustible gratis. O gañador poderá repostar o depósito de combustible gratis en calquera data antes do 31 de agosto de 2011.
15. A mera participación no sorteo supón a aceptación plena de tódalas bases. O incumprimento dalgunha destas bases supón a privación de tódolos dereitos que poderían derivarse da participación na campaña.
16. Cada boleto supón, ademáis da posibilidade de participar no sorteo, o desconto directo de UN EURO por cada 30 euros de repostaxe.
17. Admitirase un vale por cada 30 euros de repostaxe, sendo a fecha límite para canxealos e o 30 de agosto de 2011.
18. A organización resérvase o dereito de poder modificar total ou parcialmente estas bases, así como suspender o sorteo, sen incorrer en ningún tipo de responsabilidade.
19. O Centro Comercial Aberto Ourense Centro e Estaciones de Servicio Pérez Rumbao sométense ó disposto na Lei Orgánica de Protección de datos para protexer ás persoas que participen no presente sorteo e comprométese a non utilizalos datos de ditas persoas para outros fins distintos á presente promoción.
Para enviar un comentario debes aceptar nuestra política de privacidad.
- Responsable de los datos: Centro Comercial Aberto Ourense Centro
- Gestión y moderación de comentarios.
- Legitimación: Tu consentimiento expreso.
- Destinatario: Centro Comercial Aberto Ourense Centro
- Derechos: Tienes derecho al acceso, rectificación, supresión, limitación, portabilidad y olvido de sus datos.