A Consellería de Economía e Industria convoca o I Concurso de fotografía Re-MÍRATE a través da Dirección Xeral de Comercio co fin de coñecer e potenciar os establecementoscomerciais dos nosos comerciantes, mediante o uso e potenciaciación das novas tecnoloxías no facer diario da diversidade de negocio do sector comercial.
No concurso haberá catro gañadores recoñecendo o seu labor coa publicación da súa fotografía no Portal do Comerciante. Os premiados tamén recibirán un servizo gratuíto de asesoramento en visual merchandising.
BASES PARA PARTICIPAR NO I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA RE-MÍRATE
Haberá catro premiados que verán recompensado o seu talento mediante a publicación da súa fotografía na páxina incial do Portal do Comerciante. Ademais, xunto co asesoramento dun especialista en escaparatismo do seu establecemento comercial.
Para participar poden enviar as fotografías a fotosportaldocomerciante.cei@xunta.es ou subilas directamente na páxina de Facebook www.facebook.com/portaldocomerciante. No fallo terase en conta ata un máximo de cinco puntos (sobre 10) o número de apoios que reciban as fotografías (número de Me Gustas).
Os interesados en participar deberán ser titulares ou traballadores de calquera establecemento comercial de Galicia e enviar un máximo de tres fotografías de temática comercial.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 11 de decembro e o fallo do concurso, cuxas bases poderán consultarse a partir de hoxe no Portal do Comerciante, realizarase o 16 de decembro.
Para enviar un comentario debes aceptar nuestra política de privacidad.
- Responsable de los datos: Centro Comercial Aberto Ourense Centro
- Gestión y moderación de comentarios.
- Legitimación: Tu consentimiento expreso.
- Destinatario: Centro Comercial Aberto Ourense Centro
- Derechos: Tienes derecho al acceso, rectificación, supresión, limitación, portabilidad y olvido de sus datos.