¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnologías similares. Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Cerrar

Turini Sport e Coroto's comparten os seus casos de éxito e innovación

15/11/2015
Turini Sport e Coroto's comparten os seus casos de éxito e innovación

Turini Sport e Coroto's dan a coñecer a outros comerciantes os casos de éxito e innovación tecnolóxica aplicados nos seus negocios

  • Comercio electrónico, redes sociais, marca propia, asesoramento especializado e colaboración e organización de actividades, claves do éxito de Turini Sport
  • Coroto's aposta por un arte de calidade e accesible con forte protagonismo das redes sociais

16 de novembro de 2015.- José Cruz González, de Turini Sport e Raquel Rodríguez Ferré, da tenda galería de Coroto's trasladaron os casos de éxito e as súas experiencias de innovación tecnolóxica aos comerciantes que asistiron aos Obradoiros de Emprendemento e Creatividade Tecnolóxica, organizados pola Federación de Comercio de Ourense co obxectivo de que coñecendo as experiencias e fórmulas de éxito baseadas nas novas tecnoloxías os comerciantes galegos poidan "responder aos desafíos, problemas, oportunidades e cambios", así como "dinamizar a economía galega e crear emprego".

"Á persoa hai que gañala", sinala José Cruz de Turini Sport

José Cruz González, de Turini Sport explicou como a creación e desenvolvemento dunha marca propia, OCHO; o uso das redes sociais, como Facebook; e o comercio electrónico, xunto coa organización de accións que comulguen cos seus valores empresariais lles sirve para resistir a "forte competencia" das grandes marcas multideporte como Décimas ou Decathlon. Neste sentido, colaboran con actividades deportivas como carreiras populares ou rallies ou organizan a Feira do Corredor, entre outros. Todas as accións converxen nunha máxima que cita o propietario de Turini's: "á persoa hai que gañala".

Cruz González explicou que Turini's apostou "polas equipacions, así como por un produto de continuidade de gama media-alta, con desenvolvemento propio e prendas exclusivas, sempre a disposición do cliente e que se poden personalizar".

A atención e asesoramento especializados tamén son aspectos diferenciadores respectos ás grandes firmas. "Na tenda facemos test de pulsómetro e de zapatillas de deporte", para que os clientes que invirten unha suma de cartos no seu calzado deportivo vaian seguros e satisfeitos coa compra.

O propietario de Turini's destacou que o estudio e coidado das instalacións comerciais non debe quedar ao marxe. A súa nova tenda, situada na rúa ourensá de Cardenal Quevedo, 19, está pensada para o amante do deporte. "Os probadores son vestiarios de verdade, a iluminación componse de focos de pabellón e os solos son pistas de baloncesto, atletismo.. e os elementos da decoración son naturais como a madeira".

Coleccións de arte ao alcance de todos en Coroto's

Raquel Rodríguez Ferré, propietaria da tenda-galería Coroto's explicou nos Obradoiros de Emprendemento e Creatividade Tecnolóxica da Federación de Comercio de Ourense que o espacio que rexenta é un "novo concepto de galería aberta" a todo tipo de técnicas plásticas e que a clave reside en obras de "pequeno formato e prezos accesibles", pero de artistas ou artesáns "de traxectoria, que manexan a técnica e que aportan nas súas creacións unha carga conceptual".

O obxectivo, segundo Ferré é que "calquera de nós poida ter acceso a unha colección de arte ou artesanía", que ademáis do valor artístico "é fonte de patrimonio económico". Unha das prioridades marcadas polo establecemento é a "orixinalidade das pezas, en pequenas tiradas, que garante a exclusividade". Ademáis, a galería dispón dunha liña low cost e ofrece a posibilidade de personalizar as pezas.

A galerista asegura que "o noso forte son as redes sociais". "Temos presenza en Facebook, Youtube, Twitter, Instagram, Google + e unha web con formato blog", co que se pretende crear diálogo arredor de "Ourense, as súas tradicións, o arte, a artesanía e as técnicas, así como os artistas que expoñen en Coroto's".

Outra das claves do éxito do establecemento, situado na rúa da Paz, reside en traballar directamente co artista, "sen intermediarios", visitando o seu obradoiro e vendo como crea. Ferré asevera que esta forma de traballo representa "un plus de información ao cliente", porque ademais da base conceptual da obra podemos dar consellos prácticos de limpeza ou mantemento das obras adquiridas.

Comentarios Noticia

Nadie ha publicado todavía ningún comentario. Sé el primero en publicarlo.

Deja tu comentario

Para enviar un comentario debes aceptar nuestra política de privacidad.

  • Responsable de los datos: Centro Comercial Aberto Ourense Centro
  • Gestión y moderación de comentarios.
  • Legitimación: Tu consentimiento expreso.
  • Destinatario: Centro Comercial Aberto Ourense Centro
  • Derechos: Tienes derecho al acceso, rectificación, supresión, limitación, portabilidad y olvido de sus datos.
Política de Privacidad