O CCA Ourense Centro asistiu a esta xornada organizada pola Federación Galega de Comercio para conmemorar o seu 30 Aniversario e que congregou a comerciantes e representantes das súas asociacións en Santiago de Compostela.
20 de novembro de 2015.- O comercio debe reaccionar ante a saturación publicitaria á que están sometidos os clientes e usuarios cun cambio de estratexia que xere contidos de valor e interese para eles. Esta foi unha das principais conclusións sacadas do Encontro: O Comercio, unha oportunidade de negocio, onde se analizou o sector dende a perspectiva de especialistas en comunicación corporativa e xestión de marca, marketing social e social media e xestión de clientes.
Na xuntanza tamén se insistiu na importancia do asociacionismo entre comerciantes, para sumar recursos e sinerxias. Os expertos tamén recomendaron extender a actuación comercial ó entorno dixital e as redes sociais, para que exista unha perfecta interacción nos entornos online e offline, así como un plan de fidelización de cliente, ben trazado.
Finalmente, indicaron non esquecer as señas de identidade do pequeno comercio, como a especialización, a proximidade e o trato persoal, entre outras conclusións que pecharon as xornadas, que reuniuron a representantes do sector e comerciantes de toda Galicia en Santiago de Compostela.
O presidente da Federación Galega de Comercio, José María Rodríguez Seijas, animou ós comerciantes a entrar de cheo no comercio electrónico e nas novas tecnoloxías e lembrou o papel da federación como responsable de importantes cambios lexislativos no sector, así como nas campañas e a defensa do modelo de comercio particular de Galicia.
En presenza do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde López, Seijas insistiu en que "unha estructura asociativa forte e o apoio institucional" xunto coa "colaboración pública e privada" como piares fundamentais para que o comercio de proximidade non se quede atrás.
Pola súa banda, o conselleiro de Comercio convidou ó tecido asociativo dos comerciantes a "seguir sumando esforzos e iniciativas para trasladar a defensa do comercio de proximidade e poñelo en valor" e conminouno a aproveitar as novas tecnolóxías, porque son "un camiño sen retorno" e "unha obriga, que non debe verse como unha dificultade, senón como unha oportunidade".
Conde López, comentou que os obxectivos do Plan Estratéxico para o comercio galego serán mellorar a competitividade, insistir na implementación de novos modelos de comercio intelixente ou smart commerce e potenciar o comercio de inxerencia e os servizos de calidade.
As sesións pecháronse coa intervención da Directora Xeral de Comercio, Sol María Vázquez Abeal, quen tamén fixo eco da necesidade de adaptarse ós cambios tecnolóxicos e incidiu no permanente contacto existente coas diferentes asociacións, Centros Comerciais Abertos e coa Federación Galega de Comercio, que participaron na redacción de máis de 50 liñas de traballo para fornecer a Estratexia do Comercio ata 2020.
Vázquez Abeal lembrou o peso do comercio na economía galega, pois representa o 13% do PIB da comunidade e a importancia, dentro del, do pequeno comercio, que supón o 80% do sector.
Para enviar un comentario debes aceptar nuestra política de privacidad.
- Responsable de los datos: Centro Comercial Aberto Ourense Centro
- Gestión y moderación de comentarios.
- Legitimación: Tu consentimiento expreso.
- Destinatario: Centro Comercial Aberto Ourense Centro
- Derechos: Tienes derecho al acceso, rectificación, supresión, limitación, portabilidad y olvido de sus datos.