17 de decembro de 2015.- O Centro Comercial Aberto Ourense Centro uniu a súa voz a unha voz única e universal, a da poesía, durante a celebración do II Recital Poético Universal. A iniciativa, organizada pola Fundación Juan Soñador e o Círculo Poético Ourensán, coa colaboración do CCA Ourense Centro, que a incluía entre as súas actividades da programación de Nadal congregou a ducias de persoas nas Galerías Viacambre, cunha finalidade solidaria, a de recadar material escolar que se doará a familias con nenos en dificultades económicas.
Luis Rivera, presidente do CCA Ourense Centro, recitou as estrofas do poema “Los Nadies” de Eduardo Galeano, o poeta uruguayo que con seus versos soubo remover conciencias e alimentar a crítica social dando voz ós que non a teñen.
No encontro tamén se escoitaron versos de Mario Benedetti e Lope de Vega; as “Leyendas e Rimas” de Gustavo Adolfo Becquer ou da poetisa María Lado, entre outros, declamados en galego, castelán ou árabe. O presidente do Círculo Poético Ourensán, José Ramón Fernández, Nuna de Marrocos, Noraima de Cuba ou Carme de Galicia recitaron ante o público os versos escollidos un acto marcado pola solidariedade e a multiculturalidade.
Nuria García Calvo, coordinadora de proxectos da Fundación Juan Soñador indicou que o material recadado, composto de libros, cadernos, lapiceiros e outro material escolar achegado polas persoas participantes irá a parar a familias migrantes coas que traballan dentro dun programa impulsado pola organización salesiana, que trata de promover e favorecer a educación e integración sociolaboral de familias emigrantes.
Para enviar un comentario debes aceptar nuestra política de privacidad.
- Responsable de los datos: Centro Comercial Aberto Ourense Centro
- Gestión y moderación de comentarios.
- Legitimación: Tu consentimiento expreso.
- Destinatario: Centro Comercial Aberto Ourense Centro
- Derechos: Tienes derecho al acceso, rectificación, supresión, limitación, portabilidad y olvido de sus datos.