Máis de 120 coches clásicos concentráronse o pasado día 19 de decembro na Praza Maior durante a celebración do III Rallye Solidario Cen Coches-Mil Kilos, convertendo por un día a Ourense na capital galega do motor clásico.
Este ano o éxito de participación superou tódalas expectativas dos organizadores, o Centro Comercial Aberto Ourense Centro e a Escudería de Clásicos de Ourense. A xente mesmo continuaba chamando para inscribirse aproveitando ata último minuto do prazo establecido. En total foron 120 vehículos, cunha antigüidade mínima de 25 anos, os que chegaron á cidade dende toda a provincia de Ourense e outros puntos de Galicia cargados con alimentos non perecedeiros que tiñan como destino o Banco de Alimentos de Ourense para asistir ás persoas e familias que o precisen.
Grazas a esta cita, que se está consolidar como un evento imprescindible no calendario de Nadal de Ourense, a Praza Maior de Ourense e as rúas do centro da cidade, pola que desfilaron os vehículos, enchéronse de cor e do ruxido dos motores clásicos. Ourense viu recreado un ambiente de época evocador de tempos pasados. Moitos puideron lembrar as viaxes de infancia e xuventude subidos nun 131, nun 127, nun 600 ou nun 850. Tamén houbo oportunidade de admirar outras xoias do motor como un Corvet, Un Ferrari, un Cadillac ou algún Porsche xa clásico.
Ademáis do corido e sonoro desfile, a xornada estivo adubiada de espíritu festivo na Praza Maior ata pasadas as 8 da tarde, grazas á celebración de sorteos de productos gastronómicos entre os participantes e outras actividades de animación.
Para enviar un comentario debes aceptar nuestra política de privacidad.
- Responsable de los datos: Centro Comercial Aberto Ourense Centro
- Gestión y moderación de comentarios.
- Legitimación: Tu consentimiento expreso.
- Destinatario: Centro Comercial Aberto Ourense Centro
- Derechos: Tienes derecho al acceso, rectificación, supresión, limitación, portabilidad y olvido de sus datos.