A actuación terá lugar hoxe día 29 de decembro ás 19,00 horas na Praza Maior.
A Agrupación Voces Amigas, constituida polo Coro da Parroquia de San Pío X e o Grupo As Viñas, ámbalas dúas formacións do veciño concello ourensán de San Cibrao das Viñas, interpretarán un repertorio de panxoliñas e cancións típicas do Nadal en galego, castelán, inglés e mesmo en latín con ocasión do Concerto de Nadal organizado polo Centro Comercial Aberto Ourense Centro. Na parte final do recital musical tamén se unirá o Coro da Asociación de Veciños de San Cibrao.
A actuación terá lugar hoxe, día 29 de decembro, ás 19,00 horas na Praza Maior .
A formación Voces Amigas está integrada por algo máis de vinte compoñentes con carácter marcadamente xuvenil, pois os membros teñen idades comprendidas dende os 6 ata os 20 anos. Todos eles teñen intención de "cantar e tocar para pasalo ben e aportar alegría nestas datas de Nadal", segundo expresou o seu director musical, o párroco José Ramón Blanco Álvarez.
O Grupo As Viñas será o encargado da parte instrumental do concerto e o Coro da Parroquia de San Pío X aportará a parte vocal durante este encontro que terá unha duración aproximada dunha hora. Esta agrupación conta cunha traxectoria de dez anos de vida e aproveita ocasións como festivais e festas para xuntárense para tocar e cantar de forma conxunta e alegrar e inundar as rúas de ambiente festivo, obxectivo compartido polo CCA Ourense Centro.
Para enviar un comentario debes aceptar nuestra política de privacidad.
- Responsable de los datos: Centro Comercial Aberto Ourense Centro
- Gestión y moderación de comentarios.
- Legitimación: Tu consentimiento expreso.
- Destinatario: Centro Comercial Aberto Ourense Centro
- Derechos: Tienes derecho al acceso, rectificación, supresión, limitación, portabilidad y olvido de sus datos.