1. Neste sorteo poderán participar todas as persoas físicas que sexa maiores de idade no momento de realizalo sorteo.
2. Para poder participar no sorteo será necesario cubrir os datos solicitados nun boleto que se entregará nos establecementos asociados a Ourense Centro no memento en que se realice unha compra. Este boleto haberá que depositalo na urna ubicada nas oficinas de Ourense Centro en Parque de San Lázaro 12 5ª planta, Ata o día 9 de xaneiro de 2017 en horario de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h.
3. O sorteo realizarase o día 10 de xaneiro as 12:00 h na sede do CCA Ourense (Parque San Lázaro nº12 5ª planta, 32003 Ourense)
4. No momento do sorteo serán extraído o boleto do premiado e a continuación extraeranse dous boletos mais que serán os suplentes.
5. A persoa gañadora será notificada por teléfono ou correo electrónico e terá que aceptar ou rexeitar o premio antes das 12:00 h do día 12 de xaneiro.
6. En caso que sexa imposible localizar ao gañador, ou este rexeite o premio, chamarase ó primeiro suplente que terá que aceptar ou rexeitar o premio no momento. Se este suplente non fose localizado ou rexeitara o premio repetiríase o proceso co segundo suplente.
7. O premio quedará deserto en caso da non aceptación ou imposibilidade de localización do gañador ou dos suplentes. Intentarase contactar con cada un deles ata o 13 de xaneiro.
8. Para recoller o premio será necesario conservar o tícket do establecemento asociado no que se realizou a compra(tíckets validos dende o día 1 de decembro de 2016 ata o 9 de xaneiro de 2017). Serán considerados nulos aqueles boletos nos que non figure claramente o nome do premiado, o seu teléfono.
9. O resultado da campaña publicarase nos medios de comunicación e nas redes sociais da asociación e o gañador autoriza a publicación do seu nome e ou fotografía nos citados medios.
10. O premio sorteado é un único premio e consiste nunha “Escapada Relax ao Norte de Portugal” na que se inclue: 2 Noites de aloxamento e almorzo buffet, copa de benvida, tratamento Vip de benvida na habitación, 2 comidas ou ceas, 2 entradas ó Club de Saude, saida ata as 14:00h. (O gañador non poderá solicitar a substitución nin o cambio do agasallo por outro ou por a cuantía económica do mesmo así com,o aceptará as condicións da reserva da Escapada Relax que estará suxeita a dispoñibilidade de fechas.) Este premio será valido ata o mes de xuño de 2017.
11. Os titulares e empregados dos establecementos asociados a Ourense Centro e os seus familiares ata o primeiro grao non poderán participar no sorteo presentando tickets de compra dos seus propios establecementos comerciais.
12. A mera participación no sorteo supón a aceptación plena de tódalas bases. O incumprimento dalgunha destas bases supón a privación de tódolos dereitos que podería derivarse da participación da campaña.
13. A organización resérvase o dereito de poder modificar total ou parcialmente estas bases, así coma suspender o sorteo, sen incorrer en ningún tipo de responsabilidade.
14. A efectos previstos na lei orgánica 15/1999 13 de decembro de protección de datos de carácter persoal, informamos que os datos solicitados serán incorporados ao ficheiro de clientes da Asociación de Comerciantes Empresarios e Profesionais do Centro Comercial Aberto de Ourense. O titular poderá acceder a esta información para rectificala, cancelala ou oporse a ela.
Para enviar un comentario debes aceptar nuestra política de privacidad.
- Responsable de los datos: Centro Comercial Aberto Ourense Centro
- Gestión y moderación de comentarios.
- Legitimación: Tu consentimiento expreso.
- Destinatario: Centro Comercial Aberto Ourense Centro
- Derechos: Tienes derecho al acceso, rectificación, supresión, limitación, portabilidad y olvido de sus datos.