Estimados/as asociados/as
Os informamos que el CCA Ourense Centro e a Praza de Abastos, están a facer unha serie de movementos para intentar conseguir modificar a fecha de celebración do día da Nai.
En condicións normais, o próximo día 3 de maio celebraríase en España o Día da Nai que este ano coincidiría ademais con ponte, xa que, o 1 de maio, Dia Internacional do Traballo, é festivo nacional e cae a venres. Sen embargo, o Coronavirus, fainos plantexar a necesidade de facer modificacións en tódolos planes incluíndo este.
O estado de alarma xa impediu a celebración do Dia do Pai, o pasado 19 de marzo por non poder celebrar reunións familiares.
Actualmente, as circunstancias nas que nos atopamos fan previr que a celebración do Día da Nai será igual de complicada xa que o Goberno está a plantexar a posibilidade de prorroguar o estado de alarma ata o 10 de maio implicando, que o Día da Nai se celebre como se celebrou o Día do Pai: en soidade dende a casa, con videochamadas, o con frías chamadas telefónicas.
Por todo isto, dado que en España a celebración do Día da Nai celébrase o primeiro domingo de maio y dado que as autoridades seguen recomendado non visitar as persoas maiores para evitar o risco de contaxio e a posibilidade de por en perigo a os nosos pais e nais.
O CCA Ourense Centro e a Praza de Abastos propoñen modificar a data de celebración do Día da Nai e celebrala o día 7 de xuño ou o primeiro domingo despois de que finalice o Estado de Alarma para poder realizar a celebración desde día como se merece. Si tes a sorte de ter cerca de ti a túa nai, o que mellor podes facer é pasar o día enteiro con ela, falando, recordando bos momento, vendo fotos de antano, celebralo en familia, ou facendo cousas que vos gusten e como non, ter un detalle con ela, facéndolle algún regalo que demostre canto a queres.
De todos é sabido, que esta celebración ten unha parte fundamental, que é a sentimental pero tamén, unha moi importante, que é a comercial que nestes momentos de confinamento está resultando moi complexa e con esta modificación proposta retomaría un pouco de vida.
Polo que solicitarán a Concellería de Comercio o seu apoio nesta iniciativa de modificación da data de celebración do Día da Nai por ser un acontecemento que xera riqueza para a cidade así como tamén, esta proposta será extensiva a todas aquelas asociacións de comerciantes, entidades e colectivos que queiran sumarse a ela, así como, os diferentes CCAs de Galicia.
Ánimo, Xuntos conseguirémolo!!!
Para enviar un comentario debes aceptar nuestra política de privacidad.
- Responsable de los datos: Centro Comercial Aberto Ourense Centro
- Gestión y moderación de comentarios.
- Legitimación: Tu consentimiento expreso.
- Destinatario: Centro Comercial Aberto Ourense Centro
- Derechos: Tienes derecho al acceso, rectificación, supresión, limitación, portabilidad y olvido de sus datos.