¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnologías similares. Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Cerrar

VIII Congreso de calidade e innovación no pequeno comercio

18/09/2012
VIII Congreso de calidade e innovación no pequeno comercio

O CCA Ourense Centro organiza un ano máis unha nova edición do Congreso de Calidade e Innovación no Pequeno Comercio 2012. Esta edición, que xa é a octava, celébrase nun marco de gran incertidumbre para o comercio minorista local. O consumo continúa sen reactivarse, seguen as restriccións bancarias ao acceso o crédito, aparecen novos competidores, ....

É precisamente neste contexto cando dende as organizacións de comerciantes debemos facer os máximos esforzos para contribuir a melloralas prespectivas do comercio, buscar da man dos grandes profesionais fórmulas para continuar sendo competitivos e que os nosos negocios continúen sendo rentables

Este ano as ponencias do congreso están dirixidas a búsqueda concreta de solucións para mellorar a comercialización dos nosos productos.

O programa conta coa participación de prestixiosos ponentes que ofrecerán fórmulas e ideas innovadoras para que os pequenos comerciantes podamos seguir sendo competitivos coas outras fórmulas comerciales, e melloremos a rentabilidade dos nosos negocios.

En definitiva este octavo congreso reunirá na tarde do 25 de setembro moito coñecemento sobre o sector comercial, e pretendemos aproveitalo todo. Por iso, como nas edicións anteriores, este foro está a todo o comercio ourensán así como a pontenciales comerciantes, de feito son moitos os universitarios que acuden anualmente a esta cita.

Quedades todos convidados.

Programa:

  • 16:00:
    • Carpeta do Congreso
    • Documentación das ponencias do Congreso
  • 16:15
    • Inauguración do Congreso.
      D. Javier Aguilera, Director Xeral do IGAPE.
  • 16:30
    • Conferencia Inaugural: :

      "¿Cómo vender máis nas nosas tiendas?". Factores claves no pequeno comercio.

      No mundo do retail os resultados son, en gran parte fruto da correcta execución da estratexia planteada pola dirección da organización. Como en cualquer proceso que realicen as persoas os resultados obtidos serán directamente proporcionais aos niveis de actitude que esté detrás da execución. No caso das vendas, un vendedor con baixos niveis de actitude ou motivación non terá, por exemplo, un correcto trato co cliente que posibilite a repetición da compra ou o incremento de unidades vendidas. Sin duda, a actitude é a chispa necesario para encender a llama da motivación dentro das organizacións. A actitude aliméntase sobre todo dos valores, os principios, a visión e a misión dunha organización.

      Marcos Alvarez. Escritor, conferenciante e profesor en varias universidades. Consultor y Retail Coatch. www.porbuencamino.com
  • 17:50
    • Ponencia:

      "Instrumentos e servicios Igape de apoio á competitividade das pymes."

      A actual situación económica está castigando especialmente ao pequeno comercio. En moitos casos, a súa inadecuada estructura financieira e o excesivo endebedamento e a non renovación de pólizas de crédito coas que contaron toda a vida, incrementan as dificultades para financiar o seu funcionamento. Coñercer en detalle cales con as líneas de apoio de que dispón a administración para que o pequeno comercio acceda a financiación é fundamental para poder sobrevivir neste contexto de restricción de financiación.

      Ruth Pereira. Técnico oficina IGAPE Ourense
  • 18:30
    • Pausa café
  • 19:00
    • Charla - Coloquio:

      Eficacia del Visual Merchandising y el Escaparatismo para mejorar la imagen y el consumo en los comercios.

      O visual merchandising é unha disciplina esencial para calquer establecemento comercial posto que non só axuda a incrementar considerablemente as vendas, senón que tamén mellora a súa imaxe de marca. Ya sexa por medio duns escaparates atractivos, que incitan aos transeúntes a deterse e contemplalos e entrar no establecemento, o ben mediante unha distribución interior reforzada por montaxes especiais que guían ao comprador a través da tenda e incítanlle a pasar máis tempo nela, o visual merchandising pode transformar a experiencia de compra nun feito memorable. Nesta conferencia tocaránse os puntos esenciais para as persoas interesadas na disciplina, con numerosos exemplos que abarquen todos os aspectos do visual merchandising: escaparates, deseño de tendas, distribución de productos no interior, montaxes interiores, maniquies, etc.

      Raquel Elizechea. Diseñadora de Interiores, Visual Merchandiser y Escaparatista. http://raquelelizechea.blogspot.com.es/
  • 20:00
    • Conferencia de Clausura:

      10 boas ideas para facer unha promoción innovadora do meu negocio a través do marketing experiencial.

      Benvidos a economía da experiencia: unha nova proposta de valor para diferenciarse no mercado e captar aos consumidores de experiencias. De consumidores a prosumidores. De prosumidores a experisumidores. Por qué compramos: de beneficios racionais a emocionais. De beneficios emocionais a experienciais. Cómo configurar un producto e servicio dende a perspectiva do marketing de experiencias no entorno dun comercio ou unha pyme. Por dónde empezar: posicionamiento experiencial. A experiencia como clave na configuración do novo márketing mix do producto/servicio experiencial. Seis sombreiros para pensar creativamente e promocionar o teu negocio dende o marketing experiencial. A psicoloxía aplicada ao márketing experiencial.

      José Cantero. Consultor e formador en márketing experiencial. Socio Director de Arteting. Consultor asociado de M2M Factoría de Innovación.
      http://josecanterogomez.wordpress.com/
  • 21:00
    • Clausura do congreso:

Comentarios Noticia

Nadie ha publicado todavía ningún comentario. Sé el primero en publicarlo.

Deja tu comentario

Para enviar un comentario debes aceptar nuestra política de privacidad.

  • Responsable de los datos: Centro Comercial Aberto Ourense Centro
  • Gestión y moderación de comentarios.
  • Legitimación: Tu consentimiento expreso.
  • Destinatario: Centro Comercial Aberto Ourense Centro
  • Derechos: Tienes derecho al acceso, rectificación, supresión, limitación, portabilidad y olvido de sus datos.
Política de Privacidad