ORGANISMO | ||
Consellería de Traballo e Benestar | ||
1. TÍTULO DO PROGRAMA / AXUDA | ||
AXUDA A AUTÓNOMOS POLA CONTRATACIÓN INDEFINIDA DE PERSOAS ASALARIADAS (TR349F) | ||
2. FINALIDADE / OBXECTIVO | ||
Incentivar á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizada polas persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia. As contratacións polas que se solicita subvención deberán formalizarse e comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida, e ter data de inicio comprendida entre o 1 de outubro de 2012 e o 30 de setembro de 2013 ambas inclusive. |
||
3. TIPOS DE APOIO | ||
- | ||
4. BENEFICIARIOS POTENCIAIS | ||
1. Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola primeira contratación que realicen con carácter indefinido durante o seu primeiro ano de actividade. 2. Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido nos tres primeiros anos de actividade. |
||
5. SECTORES INCENTIVABLES | ||
- | ||
6. REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO | ||
Os incentivos previstos neste programa serán de aplicación ás contratacións indefinidas iniciais a tempo completo ou a tempo parcial realizadas por persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais con persoas traballadoras desempregadas para prestar servizos en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia. Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións indefinidas iniciais que se formalicen desde o 1 de outubro de 2012 ata o 30 de setembro de 2013. A contratación indefinida inicial poderá ser a tempo completo ou a tempo parcial, incluída a modalidade de fixo descontinuo. |
||
7. CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO | ||
- | ||
8. INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES | ||
- | ||
9. CONTÍA DAS AXUDAS | ||
As contratacións indefinidas iniciais incentivaranse cunha axuda de: Primeira persoa traballadora indefinida: a) 4.000 € cando se trate dun home desempregado. b) 5.000 € cando se trate dun mozo desempregado de 30 ou menos anos ou dun home desempregado de 45 ou máis anos de idade que sexa parado de longa duración. c) 5.000 € cando se trate dunha muller desempregada. d) 6.000 € cando se trate dunha moza desempregada de 30 ou menos anos ou dunha muller desempregada de 45 ou mais anos de idade que sexa parada de longa duración. Segunda e terceira persoa traballadora indefinida: a) 5.000 € cando se trate dun home desempregado. b) 6.000 € cando se trate dun mozo desempregado de 30 ou menos anos ou dun home desempregado de 45 ou máis anos de idade que sexa parado de longa duración. c) 6.000 € cando se trate dunha muller desempregada. d) 7.000 € cando se trata dunha moza desempregada de 30 ou menos anos ou dunha muller desempregada de 45 ou máis anos de idade que sexa parada de longa duración. Cando se trate de contratacións indefinidas cunha xornada a tempo parcial as contías dos incentivos serán proporcionais ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, da xornada ordinaria máxima legal. |
||
10. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES | ||
As axudas previstas neste programa poderán solicitarse ata o último día do mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral de carácter indefinido. O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2013, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado no parágrafo anterior. As solicitudes de axudas polas contratacións realizadas entre o 1 de outubro de 2013 e a data da publicación desta orde (12/06/2013), poderán presentarse no prazo dun mes desde a data de publicación da orde reguladora (12/07/2013). |
||
11. INCOMPATIBILIDADES | ||
As axudas previstas nesta orde para as contratacións por conta allea serán incompatibles con outras que, polos mesmos conceptos, poidan outorgar as administracións públicas como medida de fomento de emprego. Non obstante, serán compatibles, se é o caso, cos incentivos en forma de bonificacións á Seguridade Social. Os beneficios establecidos á contratación nesta orde non poderán, en concorrencia con outras axudas públicas para a mesma finalidade, superar o 60 % do custo salarial de dúas anualidades correspondentes ao contrato que se subvenciona. Os incentivos establecidos nesta orde serán compatibles con calquera outra axuda para distinta finalidade da Unión Europea, doutras administracións públicas ou entes públicos ou privados pero, sen que, en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras, poidan superar os límites establecidos pola Unión Europea. |
||
12. REFERENCIA LEXISLATIVA | ||
ORDE do 6 de xuño de 2013 (DOG Nº111 do 12/06/2013) - Bases reguladoras e convocatoria 2013 | ||
13. INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN | ||
Dirección Xeral de Traballo e Economía Social. As solicitudes poderanse presentar, preferiblemente, por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos e 24 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes por vía electrónica será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia. Tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión está incluída no prazo de presentación de solicitudes da orde de convocatoria. |
||
14. OBSERVACIÓNS | ||
- | ||
ImportanteO prazo de presentación para a solicitude de axuda pola contratación realizadas entre el 01/10/2012 y el 12/06/2013 finaliza el 12/07/2013, si quere esta subveción a través do CCA deberás comunicalo antes do 02/07/2013 Recordarlle que o CCA ofrécelle a posibilidade de tramitar gratuitamente a solicitude desta subvención a todos os establecementos que o soliciten 10 días antes de terminar o prazo de presentación. Para mais información poden contactar coa oficina do CCA no teléfono 988 60 12 97 ou por correo electrónico en info@ourensecca.com |